Powered By Blogger

HORTO NA CLASE: REMOLACHAS

Continuamos coa nosa plantación. Durante esta semana, ademais de coidar das verduras e hortalizas do horto escolar, tamén fixemos un pequeno horto na nosa aula. Primeiro decoraron libremente, cada un  ao seu xeito, as macetiñas dispoñibles e despois, os parrulos e parrulas xogaron coa terra e encheron ben as macetas. Por último puxeron a remolachiña e tapárona ben coa terra. Rematamos regando as nosas plantiñas. 

Tamén aprendimos a diferenciar entre plantar e sementar, poñendo nun vasiño de iogur sementes de fabas e chícharos entre 2 algodóns humedecidos. Agora estamos a ver cada día como se van transformando, xa que o algodón permítenos ver moi ben todo o proceso.

Agora toca coidalas moi ben para que crezan  fortes e saudables.










































COIDAMOS A NOSA PLANTACIÓN DO HORTO

Os xoves alternamos a visita á biblioteca e o coidado das nosas leitugas, espinacas e amorodos que plantamos no horto escolar.

Agora temos que coidalos moi ben, para que poidamos supervitaminarnos e supermineralizarnos cos froitos que nos den. 

Empezamos a arrincar as malas herbas, que crecen sen parar e non deixan medrar as nosas hortalizas. Tamén regamos a miudo, pois estes días vai moita calor. 

E, de paso que regamos, disfrutamos da nos pequena duchiña coa mangueira, que nos encanta.

Ademais dos produtos do horto, tamén fixemos un pequeno horto na nosa clase: sementamos fabiñas negras e pardas e chícharos nun vasiño de iogur con algodóns e tamén plantamos en macetas as nosas pequenas remolachas....pero isto vai na seguinte entrada do blog.

































E agora 2 vídeos sobre a duchiña coa mangueira que tanto lles gusta.





Xa sabedes, na próxima entrada, a nosa bandexa de terra e remolachas.

                               


































NOVA MESA DE PRIMAVERA. COÑECEMOS O HORTO DO COLE

Ola de novo. 

Xa chegou a primavera, e toca nova mesa de experiencias sensoriais.

Mirade que chula e cantas cousas ten a nosa bandexa tuff xigante: flores, macetas, follas verdes, animais como xoaniñas, bolboretas e ata parruliños, pedriñas, cogomelos....todo de primavera.











Tamén, por fin, coñecimos o horto do cole. Estrenámonos plantando leitugas e espinacas na nosa parceliña. Para empezar, a profe sachou para facer un rego na terra. Logo cheiramos o saco do esterco (abono) que apestaba a caca de animais...pero aprendimos que é necesario para alimentar a terra e que esta nutra as plantas. Unha vez plantadas as verduras, regamos un pouco coa regadeira.

Tamén tiñamos amorodos, pero non deu tempo a plantalos no horto, así que decidimos facelo en macetas e deixalas nas ventás da nosa clase e así coidalas cada día e ver como crecen.




























ÚLTIMA ENTRADA

HORTO NA CLASE: REMOLACHAS

Continuamos coa nosa plantación. Durante esta semana, ademais de coidar das verduras e hortalizas do horto escolar, tamén fixemos un pequeno...

ENTRADAS MÁIS POPULARES